Search


Notas de prensa: IV Ciclo de Concertos Soncello
Temos a alegría de compartir que o primeiro concerto do IV Ciclo de Concertos Soncello, celebrado no Circo de Artesáns dentro do ciclo Luminarias do Clasicismo de Fogueiras 2026, foi destacado por La Voz de Galicia.
Jun 1


Notas de prensa: Eva Arderíus, gañadora do VI Concurso Soncello, solista coa OSG baixo a dirección de Andrew Litton
Os medios de comunicación fixéronse eco do concerto celebrado o pasado 5 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña, no que a violoncelista Eva Arderíus, gañadora da categoría solista do VI Concurso Soncello, actuou como solista xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) baixo a dirección do mestre Andrew Litton.
Mar 10


Eva Arderíus, gañadora do Concurso Soncello, solista xunto coa OSG
A Asociación de Violoncelistas de Galicia Soncello comprácese de anunciar un acontecemento destacado desta tempada musical: a violoncelista Eva Arderíus, gañadora do VI Concurso Soncello para Xoves Violoncelistas na categoría solista, actuará como solista xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) interpretando unha das grandes obras do repertorio para violonchelo e orquestra: as Variacións sobre un tema rococó, op. 33 de P.I. Chaikovski.
Feb 5


Concerto en Mi menor para violonchelo e orquestra op. 85 (E. Elgar)
Se hoxe o Concerto para violonchelo de Edward Elgar che parece unha obra sagrada, prepárate para coñecer as circunstancias que rodearon a súa creación.
Naceu nun momento de caos, cansazo e frustración e a súa estrea foi un pequeno desastre. Si, un dos concertos máis amados do repertorio violonchelístico comezou costa arriba.
Jan 30


O Diario de Compostela faise eco da nosa XI Xuntanza
A XI Xuntanza de Soncello segue a soar máis aló. O Diario de Compostela fíxose eco deste encontro tan especial que reuniu a máis de medio cento de violonchelistas para celebrar a música, a aprendizaxe e a convivencia arredor do violonchelo.
Dec 17, 2025































