top of page

V Concurso de Soncello
para xoves 
violoncellistas

dibujo cello cartel.png

2,3 e de xuño de 2023

Conservatorio Profesional de Música de A Coruña

Descarga as bases do concurso**Atención! Versión modificada o 30 de marzo

O periodo de inscrición xa finalizou. Sorte a tod@l@s participantes!

Organiza:
Logo-Soncello-Grande-alta-resolucion_edi
Colabora:
Patrocina:
Luthier Anxo Cabreira_edited_edited.png
Pirastro_Logo_Print_edited.png
Musical 47_edited.png
opera prima LOGO NEW 350-2_edited.png

Categorías

O concurso está aberto a xoves violonchelistas. Consta de 4 categorías e unha categoría especial:

  • Lee: nados despois do 1 de xaneiro de 2010.

  • Duport: nados despois do 1 de xaneiro de 2006.

  • Poppernados despois do 1 de xaneiro de 2001.

  • Solista: nados despois do 1 de xaneiro de 1998.

  • Especial soncello: Violoncellistas galegos nados a partir do 1 de xaneiro de 2006 (A) e nados a partir do 1 de xaneiro de 1998 (B). Esta categoría está exenta da fase eliminatoria.

 

Os concursantes poderán participar en máis dunha categoría.

A organización do concurso estudará as posibles excepcións con respecto á idade e nivel ao que asista o candidato, previa solicitude no boletín de inscrición.  

Lugar e data

O concurso terá lugar os días 2, 3 e 4 de Xuño de 2023 no CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE A CORUÑA.

Descarga o programa do acto inaugural: 2 Xuño de 2023 no CMUS Profesional de A Coruña, ás 19:00h.

Data límite de inscrición

O prazo de inscrición está pechado. 

Grazas a tódolos interesados, y sorte aos participantes! 

A listaxe completa de admitidos no concurso está xa dispoñible.

Premios

​Categoría Lee:

  • Primeiro premio: un cheque agasallo por valor de 150 €*

_________________________________________

Categoría Duport:​

  • Primeiro premio Duport: un cheque regalo por valor de 250 €*

_________________________________________

Categoría Popper:​

  • Primeiro premio: Un cheque agasallo por valor de 400 €*

 

*Os cheques agasallo teñen como finalidade contribuír a sufragar os gastos de adquisición de partituras ou outro material musical (reparación de lutheria, compra de complementos), ou cubrir parcialmente os gastos de matrícula en clases maxistrais ou cursos. Por este motivo, faranse efectivos aos gañadores mediante transferencia bancaria previa xustificación do gasto realizado.

_________________________________________

​Categoría Solista

Premio Finalista

  • 100€ en concepto de axuda de locomoción para finalistas residentes en Galicia.

  • 200€ en concepto de axuda de locomoción para finalistas residentes noutros lugares de España.

  • 300€ en concepto de axuda de locomoción para finalistas residentes no estranxeiro.

Premio Cidade da Coruña

Concerto como solista acompañado da Orquestra Sinfónica de Galicia na tempada 2023/2024.

_________________________________________

Categoría Especial Soncello:​

Premio Especial Soncello

Cesión temporal (18 meses) dun violonchelo categoría semiprofesional arco de estudo de primeira calidade. 

 

Adicionalmente, a Asociación de Violoncellistas de Galicia poderá organizar un ou varios Concertos de Laureados convidando aos gañadores das distintas categorías.

 

Entregarase un diploma acreditativo a tódolos participantes.

fondo papiro_edited.png

V Concurso
Soncello

documentos e anuncios

Listaxe de participantes

Planificación xeral  Cronograma do desenvolvemento do concurso

Resultados Fase Eliminatoria - Categoría Solista

Acto Inaugural 2 Xuño: Programa

Fases eliminatorias/final - Listado participantes por orde de intervención

Resultados Fase Eliminatoria: Actas do xurado

Premiados tódalas categorías: Actas do xurado

Galería de fotos do V Concurso Soncello

Participantes
bottom of page