top of page

Agrupacións

Soncello Ensemble
O conxunto de violoncellos Soncello Ensemble é un dos principais sinais de identidade da Asociación de Violonchelistas de Galicia.

Activo dende 2012, a nosa presentación ao público tivo lugar no Conservatorio Superior de Música da Coruña, no marco do I Encontro Soncello. Ese mesmo ano realizamos concertos no Conservatorio de Ferrol, no Círculo das Artes de Lugo xunto cos prestixiosos violonchelistas suízos Thomas e Patrick Demenga dentro do Festival "Semana da Música do Corpus de Lugo", e na Mostra de Teatro Cómico de Cangas. do Morrazo, coincidindo co "Encontro de Verán Cangas 2012" da Asociación de Violonchelistas de Galicia.

Fóra de Galicia, Soncello Ensemble ofreceu concertos en Valencia, Sala Alfonso el Magnánimo, no Auditorio Caja España de León, no ciclo “Músicos del Mundo”, e en Vitoria, no ciclo “Martes Musicais” organizado por Caja Vital Kutxa.

No ano 2014 gravamos o noso primeiro CD con obras de Vivaldi, Grieg, Haydn e Piazzolla ofrecendo concertos con este repertorio en Mabegondo, Cambre e A Coruña dentro da programación do Festival de Rosario.

Desde 2015, o Soncello Ensemble interpreta as Bachianas Brasileñas de Villalobos, obra emblemática para unha formación de violoncello, colaborando en varias ocasións coa soprano Cristina Suárez.

En 2017 o grupo foi elixido para musicalizar a Gala do 150 Aniversario organizada polo Grupo Cuevas celebrada en decembro no Auditorio Municipal de Ourense.

En agosto de 2018 Soncello Ensemble actuou no Festival e Curso Internacional de Música de Compostela nun concerto celebrado na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos. Neste concerto, o grupo realizou a estrea mundial da "Cantiga Nocturna" do compositor Fernando Buide, obra encargada pola Asociación de Violoncellistas de Galicia, acadando un gran éxito de público e crítica (EL PAIS - "A maxia dos oito violonchelos" ). En decembro dese ano, o Soncello Ensemble actuou no II Maratón de Concertos de Soncello, celebrado no Teatro Colón da Coruña.

Dende 2019 desenvolvemos un novo proxecto en colaboración con 10 compositores da Asociación Galega de Compositores, entre os que se atopan Octavio Vázquez, María Mendoza, Juan Durán, Ermitas García Ríos, Paulino Pereiro, Xoan Antón Vázquez, Xulio Montero, Sofía Oriana, Margarita Viso. e Xavier Comesanha. “Cancións Galegas” é un conxunto de pezas orixinais e cancións tradicionais galegas adaptadas para un violoncello e conxunto de voces. Xunto ás cantantes Cristina Suárez e María Rivera gravamos o noso novo CD “Cancións Galegas” , que presentaremos en concerto nos vindeiros meses no marco do proxecto “Soncello Ensemble no Camiño”.

Soncello Ensemble
Soncello Ensemble & Hermanos Demenga_Círculo de las Artes de Lugo. Festividad del Corpus.
SONCELLO_CDcancions_galegas2020_b.jpg

Escoita  Cancións Galegas

Obradoiros

music scales.jpg

Crea o teu propio arranxo musical

impartido por:

Iván Nogueira

an abstract colorful cello on soft colours and clear background. use blue, yellow and brow

Música de cámara

impartido por: 

Carolina Landriscini, Clara Martínez e Iván Nogueira

bow stick cello.jpg

Coñece a cellistas do mundo

Impartido por Carolina Ladriscini, Isabel Figueroa, Clara Martinez e Ivan Nogueira

human hand playing cello.jpg

Orquestra de cellos

impartido por: 

Clara Martínez

Concertos

Durante o curso terán lugar diferentes concertos, ofrecidos tanto por alumnos do curso, como por profesores e músicos invitados. Máis información próximamente!

Impresións de edicións pasadas - Curso de veránSoncello en Panxón, Nigrán

deputacionacoruna_w-300x136.png
  • Facebook
  • Instagram
  • Icono social de Spotify
  • YouTube

©2022 - Soncello

Asociación Galega de Violoncellistas

bottom of page