top of page
Cartel VII Curso de Verán 2026_online.png

Este verán prepárate para unha nova edición do Curso de Verán de Soncello!

O curso terá lugar en Panxón, un escenario privilexiado para pasar unha semana chea de música e violonchelo!

Descarga aquí a información relativa ás modalidades de inscrición, prezos e demais información práctica.

Ademais das clases e obradoiros, haberá concertos ofrecidos por estudantes, profesorado e músicos convidados. A programación de concertos anunciarase en breve!

A inscrición está aberta ata o 30 de xuño! Podes facelo enchendo o formulario en liña desta páxina!

Inscripción al VII Curso de Verano Soncello 2026

Fecha de nacimiento
Day
Month
Year
¿Eres socio/a de Soncello?
No
Modalidad de matrícula del Curso
Modalidad A + Pensión Completa
Modalidad A + Media Pensión
Modalidad B + Pensión Completa
Modalidad B + Media Pensión

Descarga el PDF autorellenable que encontrarás en la parte superior de esta misma página.

Inscripcion Curso

Profesorado do VII Curso Soncello 2026

Carolandris_photogallery03_edited.jpg

Carolina Landriscini

Catedrática do Conservatorio Superior da Coruña

Nacida en Bos Aires, os seus principais profesores foron Jacques Doué e Xavier Gagnepain en Francia, e posteriormente perfeccionou as súas habilidades con Janos Starker na Universidade de Indiana (Estados Unidos). Traballa na Coruña como profesora de violonchelo no Conservatorio Superior de Música. Moi considerada como educadora, foi invitada a impartir clases maxistrais en varias institucións académicas europeas en Portugal, Italia, República Checa e Polonia. Recentemente foi convidada para ensinar na prestixiosa Jacobs School of Music da Universidade de Indiana, nos Estados Unidos. Foi profesora convidada no Festival e Curso Internacional Presjovem de Córdoba e, dende 2016, forma parte do equipo docente do curso Hagamos Música de Soria, que se celebra cada mes de agosto. En xullo de 2022 impartirá clases maxistrais no Festival Internacional Leonel Morales & Friends de Granada. É socia fundadora e presidenta de Soncello, a Asociación de Violonchelistas de Galicia, organización que promove activamente o violonchelo a través das súas numerosas actividades.

Agathe_Ensemble_Ivan-Nogueira_Karen-van-Gilst_lr_04 - cropped.jpg

Iván Nogueira

Violoncellista, arranxista e productor

Iván naceu en 1990 en Vigo, Galicia (España). Estudou violoncello con Luis Caballero e Isabel Figueroa e, desde moi novo, tocou xunto a agrupacións como a Orquestra Clásica de Vigo e a Xove Sinfónica de Galicia. En 2009 trasladouse a Zaragoza para cursar os seus estudos superiores no CSMA con Mayte García e Fernando Arias. En 2013 continuou a súa formación en Rotterdam, Países Baixos, con H. J. Stegenga, cidade na que reside actualmente. Como violoncellista de orquestra, Iván actuou coa Metropole Orkest, a Orquestra Vigo 430 e a Real Filharmonía de Galicia. Tamén estivo vinculado a ensembles de música contemporánea como AKOM Ensemble e Oihua Ensemble. Ademais, desenvolveuse como músico emprendedor. É un dos impulsores de Agathe Ensemble, agrupación coa que presenta o repertorio clásico dunha maneira fresca e accesible. En 2023 apareceu o seu álbum debut Intimate Sketches, con arranxos propios de obras de Bartók, Shostakóvich e Janáček. En 2026 produce o seu segundo álbum, Scenes of a Folk Life, con arranxos de música de Grieg, Maier e Röntgen. Iván tamén traballa en xéneros como tango, pop, jazz, teatro e músicas do mundo. Con DOT Quartet gañou en 2018 o Delft Chamber Music Award. En 2021 lanzou o seu álbum en solitario ON.CELLO - tones&tunes, inspirado na música galega e celta, do que tamén editou as partituras xunto á editorial Grupo Beroly. Ademais, desenvolve unha intensa actividade como arranxista e compositor. En 2022 publicou o seu primeiro libro de partituras e en 2024 escribiu 20 obras orquestrais para Leerorkest Drechtsteden. Desde 2022 forma parte de Batavierhuis en Rotterdam, unha comunidade de músicos dedicada ao desenvolvemento de proxectos propios e colaboracións artísticas.

Isa barroco.JPG

Isabel Figueroa Lorenzo

Mestra no Conservatorio Profesional de Música de Vigo

Comeza os seus estudos de piano e violoncelo en Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. É neste último onde obtén o título Profesional de Piano e o Título Superior de Violoncelo e de Música de Cámara co profesor Dalibor Sebéstik. Así mesmo foi bolseira da Xoven Orquestra de Galicia, desde 1989 ata 1995, ano da súa desaparición. De 1996 a 2000 prosegue os seus estudos de violoncelo e música de cámara na Hogeschool voor de Kunsten en Utrecht (Holanda) cos profesores Elías Arizcuren e Jeroen den Herder. Nesta etapa tamén é membro da Escola de Práctica Orquestral da Orquestra Sinfónica de Galicia. No ano 2000 supera o proceso selectivo de acceso ao Corpo de Profesores de Artes Escénicas e Musicais en Galicia, comezando desde entón a desenvolver o seu labor pedagóxico primeiro no Conservatorio Superior de Música de Vigo e posteriormente no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. En 2010 licénciase en Violoncelo Barroco na Escola Superior de Música e Artes Escénicas do Porto-Esmae (Portugal), cos profesores Miguel Ivo Cruz e Marco Ceccato. Ao longo dos anos, desenvolve unha gran actividade camerística co Cuarteto Ephimere e outras agrupacións de música de cámara. É colaboradora en diversas agrupacións de música antiga, como a Orquestra Barroca da Universidade de Salamanca (Pedro Gandía), Ao Ayre Español (Eduardo López Banzo) e máis recentemente con Gli Incogniti (Amandine Beyer). En 2020 finaliza o #Máster de Psicoloxía para Músicos na UNED. Actualmente é violoncellista na Orquestra Sinfónica Vigo 430, a Orquestra Barroca Vigo 430 e o Ensemble Vigo 430, ademais de compaxinar o seu traballo como profesora no Conservatorio Profesional de Vigo e a súa actividade na Asociación de Violoncellistas de Galicia Soncello, da que é fundadora e tesoureira.

FB_IMG_1708506984235.jpg

Clara Martínez Virseda

Mestra no Conservatorio Profesional de Música de Melide

Nacida en Madrid, comezou os seus estudos de violonchelo coa profesora María Casado e o profesor Jorge Pozas Tarapiella. Estudou estudos superiores con Ángel García Jermann no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Realizou o Máster en Música de Cámara co profesor Fernando Arias e o Cuarteto Quiroga, e o Curso Superior de Especialización Orquestral na Escola de Altos Estudios coa Real Filharmonía de Galicia e o profesor Plamen Velev. Ademais dos profesores habituais, tamén recibe clases de violonchelistas como Christophe Coin, Amit Peled, Johannes Krebs, María de Macedo, Troels Svane, Suzana Stefanovic ou Sung-Won Yang, entre outros. Compaxina os seus estudos coa participación en diversas orquestras xuvenís como JORCAM e JOCAN. Tamén colabora coa Orquestra e Coro da Comunidade de Madrid e participa no proxecto “Side by Side” coa Orquestra Concertgebouw. Desde a súa chegada a Galicia, colaborou coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Vigo 30, a Orquestra de Cámara Galega e a Sinfónica de Pontevedra. Actualmente traballa como profesor no Conservatorio Profesional de Música de Melide e imparte clases na Escola Superior de Altos Estudos Musicais e na Escola de Música Berenguela.

Obradoiros

music scales.jpg

Crea o teu propio arranxo musical

impartido por:

Iván Nogueira

an abstract colorful cello on soft colours and clear background. use blue, yellow and brow

Música de cámara

impartido por: 

Carolina Landriscini, Clara Martínez e Iván Nogueira

bow stick cello.jpg

Coñece a cellistas do mundo

Impartido por Carolina Ladriscini, Isabel Figueroa, Clara Martinez e Ivan Nogueira

human hand playing cello.jpg

Orquestra de cellos

impartido por: 

Clara Martínez

Concertos

Durante o curso terán lugar diferentes concertos, ofrecidos tanto por alumnos do curso, como por profesores e músicos invitados. Máis información próximamente!

Impresións de edicións pasadas - Curso de veránSoncello en Panxón, Nigrán

deputacionacoruna_w-300x136.png
  • Facebook
  • Instagram
  • Icono social de Spotify
  • YouTube

©2022 - Soncello

Asociación Galega de Violoncellistas

bottom of page