top of page
XII Xuntanza Soncello 2026.png
waves_XII Xuntanza.png

Os días 19 e 20 de decembro de 2026 terá lugar a XII Xuntanza de Violoncellistas, organizada por Soncello, a Asociación de Violoncellistas de Galicia. Nesta ocasión, volveremos reunirnos no CMUS de Santiago de Compostela, que acollerá dous días de música, aprendizaxe e encontro.

​

Cada ano, durante un fin de semana cara o final de ano, Soncello organiza esta xornada co obxectivo de reunir socias e socios de todas as idades e niveis, compartir experiencias e gozar xuntos do violoncello.

​

Se es violoncellista e queres formar parte desta Xuntanza, anímate a vir, sexa cal sexa a túa idade ou o teu nivel!

​

Consulta as actividades e realiza a túa inscrición a través do formulario que atoparás a continuación, indicando tamén aquelas nas que che gustaría participar.

​

O prazo de inscrición remata o 30 de novembro.

waves_XII Xuntanza.png

Formas de participar

Existen diferentes maneiras de participar na Xuntanza. A inscrición xeral permite asistir ás actividades como oínte e participar activamente na Orquestra Soncello. Ademais, podes inscribirte nunha ou varias das actividades que requiren unha inscrición específica.

Inscrición Xeral

​ 

orquestra xii xuntanza.png

Inclúe a participación na Orquestra Soncello e a asistencia como oínte ás clases maxistrais. A participación na Orquestra Soncello inclúe os ensaios parciais e xerais o domingo 20 de decembro. Ademais, o sábado 19 de decembro existe a posibilidade de xantar nas instalacións do CMUS de Santiago.

Eu toco co meu profe

Domingo 20 Decembro

15:30

Eu toco co meu profe_XII Xuntanza.png

Aceptaranse propostas variadas, como dúos, tríos ou ensembles, nas que un profesor toque xunto a un ou varios dos seus alumnos. As actuacións terán unha duración máxima de 10 minutos.

Aulas Abertas

Sábado 19 Decembro

10:00 - 14:00

Aulas abertas_XII Xuntanza(1).png

Clases impartidas por profesores de conservatorios de Galicia e membros de Soncello, que permiten ao alumnado coñecer outros profesores e aprender con eles, máis alá do seu profesor habitual.

Clases maxistrais con María de Macedo

Sábado 19 Decembro

10:00 - 14:00 e de 16:00 -18:00

Domingo 20 Decembro

10:00 - 13:00

Maria de Macedo_XII Xuntanza

Actividade dirixida ao alumnado de Grao Superior e a partir de 3.º de Grao Profesional (incluído). Tarifa: actividade gratuíta para as persoas socias de Soncello. Persoas non socias: 60 €. Prazas limitadas: máximo de 9 alumnos. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, teranse en conta os seguintes criterios para a selección do alumnado activo: - Ser membro de Soncello. - Ser estudante do CMUS Profesional de Santiago. - Orde descendente segundo o nivel de estudos. - Reservarase ata o 40 % das prazas para persoas non socias de Soncello.

Inscrición á XII Xuntanza Soncello 2026

19-20 Decembro, Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela

grupo XI xuntanza
deputacionacoruna_w-300x136.png
  • Facebook
  • Instagram
  • Icono social de Spotify
  • YouTube

©2026 - Soncello

Asociación Galega de Violoncellistas

bottom of page