top of page

Eva Arderíus, gañadora do Concurso Soncello, solista xunto coa OSG

A Asociación de Violoncelistas de Galicia Soncello comprácese de anunciar un acontecemento destacado desta tempada musical: a violoncelista Eva Arderíus, gañadora do VI Concurso Soncello para Xoves Violoncelistas na categoría solista, actuará como solista xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) interpretando unha das grandes obras do repertorio para violonchelo e orquestra: as Variacións sobre un tema rococó, op. 33 de P.I. Chaikovski.


Data: venres, 5 de marzo de 2026

Hora: 20:00 h

Lugar: Palacio da Ópera, A Coruña



Programa:


Richard Wagner

  • Os mestres cantores: abertura

Piotr Ilich Chaikovski

  • Variacións sobre un tema rococó, op. 33

Antonín Dvořák

  • Sinfonía nº 9 en mi menor, op. 95 “Do Novo Mundo”


EVA ARDERÍUS, violonchelo (Gañadora Concurso Soncello 2025 – categoría solista)

ANDREW LITTON, director


Eva Arderíus durante o VI Concurso Soncello 2025. Foto: Cris Andina
Eva Arderíus durante o VI Concurso Soncello 2025. Foto: Cris Andina

O Concurso Soncello para Xoves Violoncelistas é unha iniciativa de Soncello, a Asociación de Violoncelistas de Galicia, destinada a promover o talento emerxente do violonchelo. Na súa sexta edición, celebrada do 9 ao 11 de maio de 2025 na Coruña, o certame reuniu 47 participantes de toda España e de varios países europeos, distribuídos en diferentes categorías por idades.


Como parte dos premios, o gañador ou gañadora da categoría solista recibe a oportunidade de actuar como solista coa Orquestra Sinfónica de Galicia durante a tempada seguinte — unha maneira extraordinaria de impulsar a súa carreira musical.

Sobre Eva Arderíus


Eva Arderíus (nada en San Lorenzo de El Escorial, España, 2001) é unha violoncelista cunha traxectoria marcada polo talento dende moi nova. Formouse na Escola Superior de Música Reina Sofía en Madrid, onde recibiu bolsas e o diploma á alumna máis sobresaínte da súa cátedra en varias ocasións.


Comezou os seus estudos de violonchelo aos cinco anos e recibiu clases maxistrais de recoñecidos profesores e solistas internacionais. A súa carreira inclúe primeiros premios en concursos estatais —entre eles o propio Concurso Soncello en 2015— así como recoñecementos destacados como o Primeiro Premio no Concurso de Juventudes Musicales de España e no Concurso Internacional María Herrero en 2024.


Actuou como solista con diversas formacións e participou en importantes ciclos e festivais, consolidándose como unha intérprete de gran expresividade e cun son persoal que conecta fondamente co público.

🎻 Non vos perdades este gran concerto, vémonos en marzo!

Comments


Obradoiros

music scales.jpg

Crea o teu propio arranxo musical

impartido por:

Iván Nogueira

an abstract colorful cello on soft colours and clear background. use blue, yellow and brow

Música de cámara

impartido por: 

Carolina Landriscini, Clara Martínez e Iván Nogueira

bow stick cello.jpg

Coñece a cellistas do mundo

Impartido por Carolina Ladriscini, Isabel Figueroa, Clara Martinez e Ivan Nogueira

human hand playing cello.jpg

Orquestra de cellos

impartido por: 

Clara Martínez

Concertos

Durante o curso terán lugar diferentes concertos, ofrecidos tanto por alumnos do curso, como por profesores e músicos invitados. Máis información próximamente!

Impresións de edicións pasadas - Curso de veránSoncello en Panxón, Nigrán

deputacionacoruna_w-300x136.png
  • Facebook
  • Instagram
  • Icono social de Spotify
  • YouTube

©2022 - Soncello

Asociación Galega de Violoncellistas

bottom of page