top of page

Notas de prensa: Eva Arderíus, gañadora do VI Concurso Soncello, solista coa OSG baixo a dirección de Andrew Litton

Os medios de comunicación fixéronse eco do concerto celebrado o pasado 5 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña, no que a violoncelista Eva Arderíus, gañadora da categoría solista do VI Concurso Soncello, actuou como solista xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) baixo a dirección do mestre Andrew Litton.


Podedes ler as reseñas completas do concerto en:




No concerto, Eva Arderíus interpretou as Variacións sobre un tema rococó, op. 33 de Pyotr Ilyich Tchaikovsky, unha das obras máis emblemáticas do repertorio para violonchelo e orquestra. A súa actuación supón a culminación dun dos premios do Concurso Soncello para Xoves Violoncelistas, que ofrece á persoa gañadora da categoría solista a oportunidade de actuar como solista coa OSG na tempada seguinte ao concurso.


A Coruña. Palacio da Ópera. 5-III-2026. Eva Arderíus, violonchelo. Orquestra Sinfónica de Galicia. Director: Andrew Litton. Obras de Wagner, Chaikovski e Dvorák - Foto: Scherzo
A Coruña. Palacio da Ópera. 5-III-2026. Eva Arderíus, violonchelo. Orquestra Sinfónica de Galicia. Director: Andrew Litton. Obras de Wagner, Chaikovski e Dvorák - Foto: Scherzo

A presenza de Eva Arderíus neste concerto representa tamén o compromiso de Soncello, Asociación de Violoncelistas de Galicia, co impulso do talento novo e coa creación de oportunidades profesionais para as novas xeracións de intérpretes.


A actuación foi recibida con entusiasmo polo público e tivo tamén unha destacada repercusión na prensa especializada e nos medios de comunicación.



Comments


Obradoiros

music scales.jpg

Crea o teu propio arranxo musical

impartido por:

Iván Nogueira

an abstract colorful cello on soft colours and clear background. use blue, yellow and brow

Música de cámara

impartido por: 

Carolina Landriscini, Clara Martínez e Iván Nogueira

bow stick cello.jpg

Coñece a cellistas do mundo

Impartido por Carolina Ladriscini, Isabel Figueroa, Clara Martinez e Ivan Nogueira

human hand playing cello.jpg

Orquestra de cellos

impartido por: 

Clara Martínez

Concertos

Durante o curso terán lugar diferentes concertos, ofrecidos tanto por alumnos do curso, como por profesores e músicos invitados. Máis información próximamente!

Impresións de edicións pasadas - Curso de veránSoncello en Panxón, Nigrán

deputacionacoruna_w-300x136.png
  • Facebook
  • Instagram
  • Icono social de Spotify
  • YouTube

©2022 - Soncello

Asociación Galega de Violoncellistas

bottom of page