top of page

Ourense xa ten bandeira Soncello

Updated: Mar 31, 2022

A capital termal- e de tantas outras cousas-NON DEFRAUDOU.

Esta pasada fin de semana Soncello, cos seus sons e cellos, volveu a conquistar outra das nosas cidades. Tivemos a enorme sorte de desenvolver as nosas actividades no impresionante Centro La Molinera, un exemplo de arquitectura de vangarda, apertura de espacios y de actividades onde conviven diferentes xeitos de ver as tecnoloxías e as relacións interpersoais. E alí nos plantamos nós, cos nosos instrumentos argallados fai séculos pero reinventados cada día, tratando de adaptármonos e tender pontes entre arte e tecnoloxía.

O primeiro en tender pontes alá onde vai é o enorme Ángel Luis Quintana. É sempre un pracer poder disfrutar dos seus consellos sempre rodeados de sentido do humor e sacando o mellor de aquel que se cruza con él. Disfrutamos das súas clases maxistrais desde o seu trono aristocrático (os que estiveron saben de que falo) e máis tamén do seu tocar e dirixir á Orquestra Soncello. Moitísimas gracias pola túa disposición en todo momento e por atender sempre ás nosa propostas, amigo!

Os talleres a cargo de Emma, Carolina e Laura resultaron interesantísimos. Laura abríunos ao mundo tecnolóxico adaptado a música, aprendendo a utilizar diferentes aplicacións que nos fan a vida e o estudio un pouco máis fácil. Moitísimas gracias a elas tamén!

Entre clases, talleres e comidas xuntos chegou a hora de mostrar todo o feito ao público. Escollimos un concierto sesión vermouth de sábado ao que o S. Xesús Vázquez, alcalde da cidade, tivo a ben acompañar e aplaudir. Queremos agradecerlle o seu apoio a Soncello e felicitalo por todo o que alí nos encontramos e polo traballo do seu equipo na organización do noso Encontro.

No concerto púidose escoitar ao Soncello Ensemble e á Orquestra Soncello tocando temas do mítico grupo heavy de violoncellistas «Apocalyptica» e unha estrea adicada especialmente a Soncello polo compositor Fernando Arias, ali presente e acompañado pola súa familia. Moitísimas gracias e noraboa, Fernando!

Un guiño especial a César Pichel e a Érika Cid polo seu traballo e porñernos todo moi fácil.

Esperamos que este Encontro sentara precedente na relación de Soncello con esta marabillosa cidade e poidamos seguir colaborando xuntos en prol de acercar o noso intrumento e as súas posibilidades a todo o mundo que o queira disfrutar. Cada vez somos máis!

P.D.: Colgaremos todas as fotos proximamente na nosa conta. Estade atentos!

Comments


Obradoiros

music scales.jpg

Crea o teu propio arranxo musical

impartido por:

Iván Nogueira

an abstract colorful cello on soft colours and clear background. use blue, yellow and brow

Música de cámara

impartido por: 

Carolina Landriscini, Clara Martínez e Iván Nogueira

bow stick cello.jpg

Coñece a cellistas e violinistas do mundo

Impartido por Carolina Ladriscini, Isabel Figueroa, Clara Martinez, Ivan Nogueira e Raquel Fernández

human hand playing cello.jpg

Orquestra de corda

impartido por: 

Clara Martínez

Concertos

Durante o curso terán lugar diferentes concertos, ofrecidos tanto por alumnos do curso, como por profesores e músicos invitados. Máis información próximamente!

Impresións de edicións pasadas - Curso de veránSoncello en Panxón, Nigrán

deputacionacoruna_w-300x136.png
  • Facebook
  • Instagram
  • Icono social de Spotify
  • YouTube

©2022 - Soncello

Asociación Galega de Violoncellistas

bottom of page