top of page

Crónica do concerto de Jun Hyung Lee en “Noites na Cidade Vella”

O pasado 26 de setembro, o ciclo Noites na Cidade Vella encheu de música o Museo de Belas Artes da Coruña cun recital moi especial. O protagonista foi Jun Hyung Lee, recente gañador do Primeiro Premio na categoría Popper do VI Concurso Soncello, que ofrecíu unha actuación chea de sensibilidade e virtuosismo acompañado da pianista Karla Martínez.


O programa comezou co Adagio e Allegro, op. 70 de Robert Schumann, onde o xove violonchelista amosou por que se alzou co máximo galardón do concurso: unha interpretación fresca, expresiva e cun diálogo perfecto co piano. A continuación, interpretou as 4 Pieces for Cello and Piano, op. 20 de Carl Davidoff, unha obra menos habitual no repertorio, que puxo de relevo a súa madurez musical e brillante técnica.


Na segunda parte da velada, Jun Hyung Lee afrontou con gran acerto a Sonata para violín en La maior de César Franck, na súa versión para violonchelo, despregando toda a intensidade emocional e a riqueza armónica desta xoia da música de cámara.


A pianista Karla Martínez, formada en Cuba e en España, con numerosos premios ao longo da súa traxectoria e comprometida coa difusión da música cubana contemporánea, foi unha compañeira artística excepcional. A súa expresividade, color e complicidade co solista resultaron decisivas para o éxito do concerto.


Este recital non só permitiu volver escoitar ao gañador do VI Concurso Soncello, senón que tamén celebrou a valiosa colaboración entre a Asociación de Violonchelistas de Galicia (Soncello) e a Fundación Rogelio Groba, reforzando o compromiso compartido de apoiar ás novas xeracións de intérpretes e de difundir a música en espazos emblemáticos na cidade da Coruña.


ree

Foto: the_great_martinez

Comments


deputacionacoruna_w-300x136.png
  • Facebook
  • Instagram
  • Icono social de Spotify
  • YouTube

©2022 - Soncello

Asociación Galega de Violoncellistas

bottom of page