top of page

Notas de prensa: Concertos do VI Curso Soncello en Tele Mariñas

A web de Tele Mariñas, medio de comunicación local de Nigrán, fíxose eco dos concertos organizados no marco do VI Curso Soncello.


Podes ler o artigo completo aquí:


Resumo do artigo:

A nova destaca os tres concertos que teñen lugar en distintos espazos de Nigrán, co violonchelo como protagonista. Participan tanto o alumnado coma o profesorado do curso, en formacións que van desde dúos ata un ensemble completo de violonchelos. O Concello de Nigrán colabora activamente na realización destes concertos, todos eles con entrada de balde.


Unha novidade importante desta edición é a participación como profesora convidada da violonchelista Natalie Haas, referente internacional na escena do folk contemporáneo. O seu traballo foi fundamental na integración do violonchelo en tradicións como a música escocesa e celta, achegando unha visión rítmica, expresiva e actualizada do instrumento dentro dos estilos tradicionais.


Último concerto do curso

Os dous primeiros concertos xa tiveron lugar, pero aínda estades a tempo de asistir ao concerto de clausura:


  • Data: Xoves 17 de Xullo ás 21:00

  • Lugar: Auditorio de Nigrán


A entrada é libre ata completar aforo. Agardámosvos.

Comments


Obradoiros

music scales.jpg

Crea o teu propio arranxo musical

impartido por:

Iván Nogueira

an abstract colorful cello on soft colours and clear background. use blue, yellow and brow

Música de cámara

impartido por: 

Carolina Landriscini, Clara Martínez e Iván Nogueira

bow stick cello.jpg

Coñece a cellistas do mundo

Impartido por Carolina Ladriscini, Isabel Figueroa, Clara Martinez e Ivan Nogueira

human hand playing cello.jpg

Orquestra de cellos

impartido por: 

Clara Martínez

Concertos

Durante o curso terán lugar diferentes concertos, ofrecidos tanto por alumnos do curso, como por profesores e músicos invitados. Máis información próximamente!

Impresións de edicións pasadas - Curso de veránSoncello en Panxón, Nigrán

deputacionacoruna_w-300x136.png
  • Facebook
  • Instagram
  • Icono social de Spotify
  • YouTube

©2022 - Soncello

Asociación Galega de Violoncellistas

bottom of page