top of page

O Diario de Compostela faise eco da nosa XI Xuntanza


A XI Xuntanza de Soncello segue a soar máis aló. O Diario de Compostela fíxose eco deste encontro tan especial que reuniu a máis de medio cento de violonchelistas para celebrar a música, a aprendizaxe e a convivencia arredor do violonchelo. Unha nova que nos alegra especialmente e que pon en valor o traballo colectivo de toda a comunidade Soncello.


Un encontro para compartir música, formación e comunidade

Final do concerto da Orquestra Soncello da XI Xuntanza no CMUS de Santiao de Compostela
Final do concerto da Orquestra Soncello da XI Xuntanza no CMUS de Santiao de Compostela

O evento tivo lugar no Conservatorio Profesional de Música de Santiago, onde se deron cita intérpretes procedentes de diferentes puntos de Galicia e de Ponferrada.


A xornada combinou diversas actividades: unha exposición de lutería con instrumentos e arcos elaborados por artesáns de Valencia, Asturias e Galicia; clases maxistrais impartidas polo violonchelista compostelán Iago Domínguez (residente en Basilea); e, como peche, un concerto colectivo.


O concerto estivo a cargo da Orquestra Soncello —integrada por 50 violonchelistas de distintos niveis— baixo a dirección do violonchelista vigués Iván Nogueira (residente en Rotterdam), quen tamén realizou os arranxos musicais.


Un impulso para a comunidade de violonchelistas galegos


No seu artigo, o Diario de Compostela salienta que esta XI edición confirma a Xuntanza como unha das citas centrais de Soncello. Desde a súa fundación en 2011, esta asociación traballa para dinamizar a práctica do violonchelo en Galicia, promovendo oportunidades formativas e poñendo en valor o instrumento.


Para nós, esta cobertura supón un recoñecemento ao esforzo colectivo do alumnado, do profesorado e da organización: un paso máis para dar visibilidade ao violonchelo en Galicia e reforzar a nosa comunidade.


Comments


Obradoiros

music scales.jpg

Crea o teu propio arranxo musical

impartido por:

Iván Nogueira

an abstract colorful cello on soft colours and clear background. use blue, yellow and brow

Música de cámara

impartido por: 

Carolina Landriscini, Clara Martínez e Iván Nogueira

bow stick cello.jpg

Coñece a cellistas do mundo

Impartido por Carolina Ladriscini, Isabel Figueroa, Clara Martinez e Ivan Nogueira

human hand playing cello.jpg

Orquestra de cellos

impartido por: 

Clara Martínez

Concertos

Durante o curso terán lugar diferentes concertos, ofrecidos tanto por alumnos do curso, como por profesores e músicos invitados. Máis información próximamente!

Impresións de edicións pasadas - Curso de veránSoncello en Panxón, Nigrán

deputacionacoruna_w-300x136.png
  • Facebook
  • Instagram
  • Icono social de Spotify
  • YouTube

©2022 - Soncello

Asociación Galega de Violoncellistas

bottom of page