Con moita ilusión presentamosvos unha nova edición de "Conversando con Soncello". Como sabedes, nestas charlas pretendemos coñecer máis sobre o traballo de violonchelistas de perfís musicais variados. Nas anteriores entregas puidemos gozar de Músicos de orquestra, Emprendedores/as e, de xeito presencial durante a nosa VIII Xuntanza, Profesores/as.
Nesta cuarta ocasión, e de novo en modalidade online (ZOOM), contaremos con 4 convidados de luxo, que nos contarán as súas achegas ao mundo musical dende o punto de vista académico: Violonchelistas investigadores.
- Dr. Trino Zurita - Conservatorio Superior de Música de Málaga
- Dra. Susana Blanco - Conservatorio Superior de Música de Vigo
- Dr. Israel Fausto Martínez - Conservatorio Superior de Música "Manuel Castillo" de Sevilla
- Dra. Cecilia de Montserrat - Real Conservatorio Superior de Música de Madrid
Data: Domingo 26 de marzo ás 17:00 h.
En liña a través de ZOOM.
Despois de 1 hora de charla cos nosos convidados, abrirase un espazo para preguntas e interacción de todos os asistentes que o desexen.
Todos os socios de Soncello recibirán por correo electrónico a ligazón para acceder á sesión de ZOOM.
Unha vez rematada a charla, enviarase outro correo electrónico coa ligazón á gravación.
Agardámosvos, con moitas ganas!
Comments