top of page
Writer's pictureSoncello

Conversando con Soncello #2: Violoncellistas Emprendedores

Xa está aquí a nosa segunda cita de Conversando con Soncello!


Nesta ocasión, o tema é Violoncellistas Emprendedores. ou o que é o mesmo, músicos que se adican a distintas facetas sacando adiante os seus propios proxectos profesionais. Pensamos que é un perfil moi interesante do que podemos aprender e inspirarnos moito!


A charla terá lugar a través da plataforma virtual ZOOM. Recebiredes o link para unirvos por email.!


CONVERSANDO CON SONCELLO #2: Violoncellistas Emprendedores


DATA E HORA: domingo 6 de Novembro ás 17:00 horas (1 hora aprox.)


ÓNDE: Desde as vosas casas, e a través da URL que atoparedes no voso correo electrónico.


Teremos a oportunidade de escoitar e participar activamente nunha charla con 3 fantásticos cellistas:

 

Quico Pugés (Barcelona): violoncellista, e educador en obradoiros de improvisación -


Margarida Mariño (Vigo): violoncellista e creadora. Proxectos en solitario e colaboracións.


Iván Nogueira (Rotterdam): violoncellista e arranxista. Creación de programas conceptuais e interdisciplinares.

 

Esta sesión estará moderada por Isabel Figueroa. Os nosos convidados responderán ás súas preguntas para contarnos as súas experiencias, paixóns e modos de traballar.


Despois da charla haberá un período de 15 minutos para preguntas e comentarios dos participantes.


Non volo perdades!




38 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page