Notas de prensa: Gañadores do VI Concurso Soncello para Xoves Cellistas
- Soncello
- May 16
- 1 min read
O Conservatorio Superior de Música da Coruña acolleu os días 9, 10 e 11 de Maio unha nova edición do Concurso de Soncello para xoves violonchelistas, que este ano volveu reunir a intérpretes de alto nivel de distintos puntos do país e do estranxeiro.
Os premios do concurso, centrados en apoiar o desenvolvemento artístico das novas xeracións, ofrecen bolsas de formación, oportunidades para actuar en concertos e materiais profesionais como cordas e partituras. Un impulso real e concreto para os que comezan a súa andaina musical.
Máis aló da competición, Soncello segue a construír unha rede que conecta aos xoves intérpretes co mundo profesional e cunha comunidade internacional apaixonada polo violonchelo.
A asociación quere agradecer a cobertura que brindan Doce Notas e Melómano, que axudan a dar a coñecer estas iniciativas tan necesarias!
Podes ler os artigos completos seguindo as seguintes ligazóns:
Comments