top of page
Banner web XI XUNTANZA SONCELLO Asociación de violonchelistas de Galicia.jpg

O 14 de decembro de 2025 tivo lugar o XI Encontro de Violonchelistas, organizado por Soncello, a Asociación Galega de Violonchelistas. O lugar escollido para esta ocasión foi o CMUS de Santiago de Compostela. Visita xa a galería de imaxes da XI Xuntanza!

 

Cada decembro, Soncello organiza unha xornada de diversas actividades, incluíndo clases maxistrais, presentacións e actuacións da Orquestra Soncello, co obxectivo de reunir aos nosos socios e socias e proporcionar unha xornada de aprendizaxe e desfrute colectivos.

O noso obxectivo é organizar a vindeira edición en decembro de 2026. Estade atentos próximamente ao anuncio da data e o emprazamento!

Hai 3 xeitos de participar na Xuntanza.

  1. Inscrición xeral: Isto inclúe a participación en todas as actividades do día, incluíndo as clases maxistrais (modo oínte) e a Orquestra (modo activo).

  2. "Eu toco co meu profe":  Aceptaranse diversas propostas (dúos, tríos, conxuntos, etc.) nas que un profesor toque cun ou máis dos seus alumnos.

  3. Clases maxistrais co/a mestre/a convidado/a.

deputacionacoruna_w-300x136.png
  • Facebook
  • Instagram
  • Icono social de Spotify
  • YouTube

©2022 - Soncello

Asociación Galega de Violoncellistas

bottom of page