top of page

Estreamos web! www.soncello.org

Estamos moi contentos de presentarvos algo que moitos estabades agardando, a nova web da nosa Asociacion de violoncellistas de Galicia! Esta nova páxina está pensada para ser máis interactiva e funcional. Cunha nova área de socios coa que queremos crear un novo punto de encontro, no que podamos compartir e coñecernos máis.


Estre as novidades, atoparedes:


ÁREA DE SOCI@S: Aquí atópanse os diferentes perfís de tódolos nosos socios e socias. Convidámosvos a personalizar o voso perfil: subide as vosas fotos e engadide algun texto, video ou gif de presentación! Compartide, se así o queredes, as vosas redes sociais e outros datos de contacto! Estos datos son confidenciáis en ningún caso sairán da nosa comunidade sen consentimento.


BLOG: Na pantalla de inicio atoparedes tódalas noticias, anuncios e reseñas, agrupadas e 6 categorías: Xuntanzas, Concertos, Encontros, Concursos, Cursos e Sobre Soncello.


Como xa vemos de anunciarvos, a nova web está pensada para a interacción e participación de todos vos. Por iso, o noso plan é ir designando socios e darlles acceso a escribir no Blog. Se coma socio ou socia recibes o rol de editor/a, atoparás no teu perfil unha nova pestaña: Entradas do Blog. Dende aí poderás escribir e publicar a túa entrada en www.soncello.org. Así de sinxelo!




FORO: Aquí podedes expoñer calquera tema, inquedanza, ou dúbida! Polo de agora existen 5 fíos activos. Escribe a túa mensaxe no fío que mellor se adapte. E participa nas conversas iniciadas por outros socios!


DESCARGA DE CONTIDO: Acceso e descarga de partituras exclusivas de Soncello, Cuadernos Soncello, Actas e estatutos, e carteis das nosas actividades.


GALERÍA: Colección fotográfica das nosas acividades. (Anteriormente esta atopábase en Flickr). Como novidade, atoparedes a "Galería compartida" no que cada un de vos poderedes subir e compartir co resto de socios e socias as vosas fotos en videos persoais das nosas actividades.



AVISO: A web está dispoñible en 2 linguas, Castelán e Galego. A pesar dos nosos intentos por ofrecer todo o contido nestas dúas linguas, o servidor nos proporciona as funcionalidades da área de socios non dispón polo de agora traduccións ao galego, polo que ás veces atoparedes determinadas mensaxes en inglés. Isto non ocurre ao empregar a versión e castelán. Agardamos que se solucione e o servidor inclúa o galego pronto tamén!


Agardamos que disfrutedes da web e que supoña unha mellora para a nosa asociación! Tedes suxerencias? Deixáde por aquí un comentario!


Saúdos e deica pronto!

32 views0 comments
bottom of page