
Este verán prepárate para unha nova edición do Curso de Verán de Soncello!
O curso terá lugar en Panxón, un escenario privilexiado para pasar unha semana chea de música e violonchelo!
Descarga aquí a información relativa ás modalidades de inscrición, prezos e demais información práctica.
Ademais das clases e obradoiros, haberá concertos ofrecidos por estudantes, profesorado e músicos convidados. A programación de concertos anunciarase en breve!
A inscrición está aberta ata o 30 de xuño! Podes facelo enchendo o formulario en liña desta páxina!
Profesorado do VI Curso Soncello 2025

Carolina Landriscini
Catedrática do Conservatorio Superior da Coruña
Nacida en Bos Aires, os seus principais profesores foron Jacques Doué e Xavier Gagnepain en Francia, e posteriormente perfeccionou as súas habilidades con Janos Starker na Universidade de Indiana (Estados Unidos). Traballa na Coruña como profesora de violonchelo no Conservatorio Superior de Música. Moi considerada como educadora, foi invitada a impartir clases maxistrais en varias institucións académicas europeas en Portugal, Italia, República Checa e Polonia. Recentemente foi convidada para ensinar na prestixiosa Jacobs School of Music da Universidade de Indiana, nos Estados Unidos. Foi profesora convidada no Festival e Curso Internacional Presjovem de Córdoba e, dende 2016, forma parte do equipo docente do curso Hagamos Música de Soria, que se celebra cada mes de agosto. En xullo de 2022 impartirá clases maxistrais no Festival Internacional Leonel Morales & Friends de Granada. É socia fundadora e presidenta de Soncello, a Asociación de Violonchelistas de Galicia, organización que promove activamente o violonchelo a través das súas numerosas actividades.

Isabel Figueroa Lorenzo
Mestra no Conservatorio Profesional de Música de Vigo
Comeza os seus estudos de piano e violoncelo en Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. É neste último onde obtén o título Profesional de Piano e o Título Superior de Violoncelo e de Música de Cámara co profesor Dalibor Sebéstik. Así mesmo foi bolseira da Xoven Orquestra de Galicia, desde 1989 ata 1995, ano da súa desaparición. De 1996 a 2000 prosegue os seus estudos de violoncelo e música de cámara na Hogeschool voor de Kunsten en Utrecht (Holanda) cos profesores Elías Arizcuren e Jeroen den Herder. Nesta etapa tamén é membro da Escola de Práctica Orquestral da Orquestra Sinfónica de Galicia. No ano 2000 supera o proceso selectivo de acceso ao Corpo de Profesores de Artes Escénicas e Musicais en Galicia, comezando desde entón a desenvolver o seu labor pedagóxico primeiro no Conservatorio Superior de Música de Vigo e posteriormente no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. En 2010 licénciase en Violoncelo Barroco na Escola Superior de Música e Artes Escénicas do Porto-Esmae (Portugal), cos profesores Miguel Ivo Cruz e Marco Ceccato. Ao longo dos anos, desenvolve unha gran actividade camerística co Cuarteto Ephimere e outras agrupacións de música de cámara. É colaboradora en diversas agrupacións de música antiga, como a Orquestra Barroca da Universidade de Salamanca (Pedro Gandía), Ao Ayre Español (Eduardo López Banzo) e máis recentemente con Gli Incogniti (Amandine Beyer). En 2020 finaliza o #Máster de Psicoloxía para Músicos na UNED. Actualmente é violoncellista na Orquestra Sinfónica Vigo 430, a Orquestra Barroca Vigo 430 e o Ensemble Vigo 430, ademais de compaxinar o seu traballo como profesora no Conservatorio Profesional de Vigo e a súa actividade na Asociación de Violoncellistas de Galicia Soncello, da que é fundadora e tesoureira.

Clara Martínez Virseda
Mestra no Conservatorio Profesional de Música de Melide
Nacida en Madrid, comezou os seus estudos de violonchelo coa profesora María Casado e o profesor Jorge Pozas Tarapiella. Estudou estudos superiores con Ángel García Jermann no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Realizou o Máster en Música de Cámara co profesor Fernando Arias e o Cuarteto Quiroga, e o Curso Superior de Especialización Orquestral na Escola de Altos Estudios coa Real Filharmonía de Galicia e o profesor Plamen Velev. Ademais dos profesores habituais, tamén recibe clases de violonchelistas como Christophe Coin, Amit Peled, Johannes Krebs, María de Macedo, Troels Svane, Suzana Stefanovic ou Sung-Won Yang, entre outros. Compaxina os seus estudos coa participación en diversas orquestras xuvenís como JORCAM e JOCAN. Tamén colabora coa Orquestra e Coro da Comunidade de Madrid e participa no proxecto “Side by Side” coa Orquestra Concertgebouw. Desde a súa chegada a Galicia, colaborou coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Vigo 30, a Orquestra de Cámara Galega e a Sinfónica de Pontevedra. Actualmente traballa como profesor no Conservatorio Profesional de Música de Melide e imparte clases na Escola Superior de Altos Estudos Musicais e na Escola de Música Berenguela.
Obradoiros

Escalas
impartido por:
Carolina Landriscini

Música de cámara
impartido por:
Carolina Landriscini, Isabel Figueroa e Clara Martínez

Charla e obradoiro do cello na música Folk
impartido por:
Natalie Haas

Orquestra de cellos
impartido por:
Isabel Figueroa