top of page

CONCERTOS SONCELLO EN CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA

Dende a Asociación de Violonchelistas de Galicia estamos a organizar un ciclo de 6 concertos para os nosos socios. Os concertos celebraranse ao longo do próximo outono en diversos centros educativos de Galicia (conservatorios ou escolas de música).


A idea é dar a coñecer o traballo que desenvolve a nosa asociación a través das voces dos seus músicos, dando a coñecer Soncello aos mozos violonchelistas, estudantes dos distintos centros onde se celebran os concertos.


Esta proposta vai dirixida aos socios que queiran ter a oportunidade de rodar os seus programas ou ofrecer concertos de música de cámara cos seus grupos. O contido musical é totalmente aberto polo que as propostas poden incluír sonatas, concertos, obras para violonchelo solista, obras de música de cámara para diversas formacións, incluíndo conxuntos de violonchelo, ou unha combinación de varios destes elementos.


Todos os socios que o desexen poden enviar as súas propostas de concerto segundo algunha destas dúas modalidades:


  1. Concerto completo. Neste caso, a súa proposta deberá alcanzar un mínimo de 45 minutos e un máximo de 60 minutos.

  2. Medio concerto. Neste caso, a súa proposta deberá alcanzar un mínimo de 20 minutos e un máximo de 30 minutos.

  3. Concerto completo (grupo clase). Neste caso, será o profesor quen faga unha proposta para que varios dos seus alumnos (entre os que deben haber polo menos dous membros de Soncello) interpreten unha serie de pezas que suman un minuto de duración aproximada de 60'.


Dende o equipo da xunta directiva de Soncello encargarémonos da organización dos concertos, coordinando a data cos centros “anfitrións”. Así mesmo, Soncello aboará a todos os instrumentistas participantes os gastos de desprazamento que se poidan producir.


A ter en conta: Cada socio que nos envíe a súa proposta deberá contar co seu pianista acompañante se o repertorio proposto así o requira e/ou os seus acompañantes no caso de propoñer obras de música de cámara. As propostas individuais corresponderán só a obras solistas.


PROPOSTAS DE SOCIOS:

Se queres participar neste ciclo de concertos, envíanos un correo electrónico a soncellogalicia@gmail.com antes do 15 de maio coa seguinte información:


  • Nome do socio que fai a proposta.

  • Nome do/s teu/s compañeiro/s.

  • Modalidade (A, B ou C) na que se desexa participar e programa detallado.


Unha vez recibidas as vosas propostas, estudarémolas para facer un ciclo interesante e atractivo. Debedes ter en conta que é posible que recibamos moitas propostas, caso en que non puidemos aceptalas todas.


11 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page