top of page
Banner web XI XUNTANZA SONCELLO Asociación de violonchelistas de Galicia.jpg

A XI Xuntanza de Violonchelistas, organizada por Soncello, a Asociación Galega de Violonchelistas, terá lugar o 14 de decembro. O lugar escollido para esta ocasión é o CMUS de Santiago de Compostela.

Estamos a preparar actividades que estamos seguros de que serán do interese e do desfrute de todos/as os/as nosos socios/as! Animámosvos a asistir e compartir este evento con nós. Agardamos vervos!

Hai 3 xeitos de participar na Xuntanza.

  1. Inscrición xeral: Isto inclúe a participación en todas as actividades do día, incluíndo as clases maxistrais (modo oínte) e a Orquestra (modo activo).

  2. "Eu toco co meu profe": Esta sección debe ser completada se propón tocar neste concerto. Aceptaranse diversas propostas (dúos, tríos, conxuntos, etc.) nas que un profesor toque cun ou máis dos seus alumnos.

  3. Clase maxistral con Iago Domínguez: (Participación activa). Gratuíta para os membros do Soncello e estudantes do CMUS (Cidade da Música de Santiago de Compostela). Unha vez pechado o prazo de inscrición, notificarase aos 6 estudantes seleccionados e devolverase o importe aos non seleccionados.

A inscrición debe realizarse mediante o formulario online que atoparedes máis abaixo.

Período de inscrición: do 18 de outubro ao 24 de novembro

ChatGPT Image 12 oct 2025, 15_21_01.png

Inscripción á XI Xuntanza Soncello

Grazas pola túa inscrición! Vémonos en Santiago!

deputacionacoruna_w-300x136.png
  • Facebook
  • Instagram
  • Icono social de Spotify
  • YouTube

©2022 - Soncello

Asociación Galega de Violoncellistas

bottom of page