top of page

Lorenzo Guida, gañador do V Concurso. Solista coa OSG

O pasado 22 de febreiro actuou coa OSG o xove violonchelista Lorenzo Guida —gañador do premio Cidade da Coruña no V Concurso de Soncello. Lorenzo interpretou o Concerto para violonchelo no 1 de Shostakovich baixo a dirección de José Trigueros.


Este concerto extraordinario tivo lugar no Palacio da Ópera da Coruña. Foi unha ocasión fantástica na que puidemos corroborar o gran potencial do gañador do concurso de Soncello.


Aquí vos deixamos algunhas fotos do concerto!


Dende a nosa asociación queremos felicitar a Lorenzo polo exitoso concerto, e desexarlle moitos máis éxitos na súa carreira profesional!



Lorenzo Guida - Solista coa OSG - 22 de febreiro de 2024
Lorenzo Guida con Marta Cristóbal e Carolina Landriscini da directiva Soncello
Lorenzo Guida, gañador do Premio Cidade da Coruña no V Concurso de Soncello










86 views0 comments

Comments


bottom of page