top of page

Conversando con Soncello: Os músicos de orquestra

Ola Soncelleiros


Temos o pracer de comunicarvos que o vindeiro 5 de xuño levaremos a cabo a nosa primeira actividade a través da plataforma virtual Zoom á queremos convidar a todos os socios de Soncello!


CONVERSANDO CON SONCELLO: OS MÚSICOS DE ORQUESTRA

DATA E HORA: domingo 5 de xuño ás 17:00 horas (1 hora aprox.)

ÓNDE: Desde as vosas casas, e a través da URL que atoparedes no voso correo electrónico.


Teremos a oportunidade de escoitar e participar activamente nunha charla con 4 espléndidos músicos orquestrais:


Ángel Luís Quintana: violonchelista solista da Orquestra Nacional de España.

Berthold Hamburger: Tutti violonchelista da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Millán Abeledo: Tutti violonchelista da Real Filharmonía de Galicia.

Suzana Stefanovic: violonchelista solista da Orquestra da Radio e Televisión Española.


Durante a sesión, os nosos convidados responderán ás preguntas de Virginia del Cura para contarnos as súas experiencias relacionadas co mundo e a profesión de profesor de orquestra nas súas diferentes funcións. Despois da charla haberá un período de 15 minutos para preguntas e comentarios dos participantes.


É toda unha sorte poder reunir a estes catro violonchelistas ao mesmo tempo, cunha axenda tan apretada que teñen, así que non volo podedes perder! Anotadeo nos vosos calendarios e... vémonos nuns días!!




55 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page